Reforzo educativo a todos os niveis

A axuda universitaria que precisas

Outro dos obxectivos de Academia Universitaria é axudar aos nosos alumnos en materias universitarias das diferentes facultades do espazo universitario galego, contando tamén con experiencia en materias impartidas noutros centros universitarios de España.

Durante máis de vinte anos levamos preparando a alumnos universitarios, especialmente da Universidade de Vigo, estando adaptados na actualidade ás novas esixencias do Plan Bolonia.

A clases de apoio e reforzo que ofrecemos aos nosos alumnos universitarios son de materias como:

  • Matemáticas
  • Estatística
  • Álxebra
  • Cálculo
  • Contabilidade
  • Matemáticas Financeiras
  • Debuxo
  • Física
  • Química

Os profesores cos que contamos na nosa academia son profesores titulados universitarios, e o seu coñecemento de cada unha das materias que imparten complétase coa súa profesionalidade, seriedade e capacidade.

Os nosos esforzos encamíñanse a axudar aos nosos alumnos a superar os seus exames da universidade, aínda que o éxito final dependa deles mesmos.

Contacta con Academia Universitaria e axudarémosche nos teus estudos universitarios.