A axuda que precisas

Preparación de probas de acceso en Vigo

PROBAS DE ACCESO A CICLOS SUPERIORES E MEDIOS

Na Academia Universitaria axudámoste a conseguir o acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, tratando tanto o temario da parte común como da parte específica segundo a rama que elixas nos teus estudos, pois dependendo da elección as probas a realizar na parte específica varían tanto en materias como en contidos.

Parte común

  • Lingua galega
  • Lingua castelá
  • Matemáticas

Parte específica

  • Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), filosofía e cidadanía
  • Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial e física
  • Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE PARA MAIORES DE 25 E 45 ANOS

As diversas universidades españolas convocan todos os anos probas de acceso para maiores de 25 e de 45 anos. Os alumnos poden optar por presentarse na universidade que desexen, tendo como único requisito ter cumpridos os 25 anos antes do día 1 de outubro do ano natural no que se celebren as probas, o que permite ampliar as posibilidades aos alumnos de elixir a universidade que mellor lle conveña.

Dependendo da elección as probas a realizar varían en materias e contidos.

No noso centro preparamos os accesos a calquera das universidade do noso entorno, especialmente ós das Universidades Galegas, a UNED ou a Universidad de Salamanca.

Na Academia Universitaria proporcionamos aos nosos alumnos todo o material necesario para preparar os distintos exames con garantías de éxito, completado coas clases presenciais impartidas polo noso profesorado.

Visita a nosa academia en Vigo, estaremos encantados de ser o teu acompañante nos estudos que realizas.