Matrícula aberta para o curso de verán 2018

14/06/2018· Novas

O curso 2017-18 está chegando ao seu fin, se precisas de axuda para superar materias pendentes en setembro a Academia Univesitaria ofrece un curso de verán nos meses de xullo e agosto en horario de mañá. 

Neste curso ofercemos a axuda que o alumno precisa para superar os temibles exames de setembro. Impartimos clases personalizadas axustándonos as necesidades de cada alumno por un profesorado con experiencia. Os nosos grupos son reducidos o que permite  ofrecer unha mellor atención a cada alumno. Facemos un control continuo para avaliar o proceso de aprendizaxe.

Impartimos  todas as materias de primaria, secundaria e bacharelato.