Máis de vinte anos de experiencia son o noso aval

Non esperes máis – Pídenos axuda para os teus estudos

Academia Universitaria levamos máis de vinte anos ofrecendo os nosos servizos na cidade de Vigo, nos que centos de alumnos teñen pasado polas nosas aulas ofrecéndolles un ensino de calidade.

O noso obxectivo é facilitar aos nosos alumnos as habilidades e coñecementos precisos para teren éxito nos seus estudos, dende a Educación Primaria ata a Universitaria, pasando pola Educación Secundaria, o Bacharelato, probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores e cursos preparatorios de Selectividade.

A flexibilidade horaria é outra das nosas ofertas, pois contamos con grupos reducidos tanto en horario de mañá como de tarde, para ofrecer con isto unha atención máis personalizada a cargo dun equipo de profesores cunha experiencia e cualificación garantidas.

Probas de acceso

• A ciclos formativos de grao superior e medio

• Á universidade (maiores de 25 e 45 anos)

Reforzo educativo

• Primaria, Secundaria, Bacharelato, Universidade

• Con flexibilidade horaria

AS NOSAS INSTALACIÓNS

Clases de reforzo educativo

Organizamos grupos de apoio e reforzo educativo de Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato en todas as opcións, ciclos formativos de Grao Medio e Superior, probas para a obtención do título de Graduado en Secundaria…

Estamos á túa disposición para axudarche nos teus estudos. Conta con Academia Universitaria para a túa formación.

Apoio na selectividade

Na Academia Universitaria axudámoste a superar as probas da selectividade, sexa cal sexa a opción que elixas, para que poidas acceder á carreira universitaria que desexas.

Poñemos a disposición dos nosos alumnos material didáctico propio, e ofrecemos uns horarios flexibles, tanto de mañá como de tarde, para buscar a comodidade dos nosos alumnos e o reparto dos mesmos en grupos reducidos.

Ademais, levamos a cabo exames de avaliación periódicos para comprobar o nivel de estudos alcanzado de cara ao exame oficial.

Neste campo tamén ofrecemos cursos intensivos de selectividade para tratar aquelas dúbidas xurdidas que é necesario aclarar previamente á realización das probas.

Ponte en contacto con Academia Universitaria para pedir máis información sobre as nosas clases de reforzo, selectividade, probas de acceso e universitarias. Estamos en Vigo.

Probas de acceso

Probas de acceso

Axudámoste a superar o acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, así como as de acceso á universidade para maiores de 25 e de 45 anos.

Universidade

Universidade

Máis de 20 anos axudando aos estudantes coas materias univeritarias: estadística, álxebra, cálculo, contabilidade, matemáticas financeiras, física...

Academia Universitaria

Novas

Se queres estar informado sobre as novas do noso centro, accede ao noso blog. Publicamos noticias do teu interese: horarios, bolsas, exames...